martes, 8 de mayo de 2018

SAÍDA AO AIRE LIBRE



Na programación da nosa aula, pensamos que é necesario que as nenas e nenos saian e disfruten da natureza, xa que así poden aprender xogando. Un achegamento a esta permite que se poida desenvolver un certo coñecemento do medio e do entorno necesario na súa aprendizaxe. Ademais, nestas saídas, tamén fomentamos as relacións entre elas e eles.


Hoxe fomos ao Cañón do Sil. Ata alí chegamos nunha viaxe en autobús, onde as alumnas e alumnos tiveron que comportarse como lles ensinamos as mestras, séntandose adecuadamente nos asentos, sen facer moito ruido para non molestar á nosa conductora, poñendo os cinturóns, etc.


Ao chegar, os pequenos/as mostráronse moi entusiasmados ao ver o lugar onde estabamos. Pareceulles un sitio moi bonito, pois ademais de velo de lexos, tivemos a oportunidade de ir en barco polo río. Neste tamén tivemos que ter moito coidado con eles, sabendo estes que non podían achegarse moito á beira e agarrarse ben para non caer.


Os días seguintes, na aula, fixemos actividades prácticas relacionadas con esta excursión. Por exemplo, un día, os nenos, coa axuda das mestras, tiveron que construír un  mural onde se reflexara o que máis lles gustou da saída. Para realizalo víronse obrigados a chegar a un acordo cos aspectos máis sobresaíntes, xa que cada un/a tería opinións diferentes do que máis lles chamou a atención e no mural só poderían reflexar uns poucos acontecementos.

Ademais, no taller da aula, poidemos mostrarlles algúns pasos para coidar ao medio ambiente e os ríos, sen contaminar, etc.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

FESTA DE FIN DE CURSO

No día de hoxe, convertemos aos nosos vagalumes en auténticos reposteiros/as. Como está a piques de rematar o curso, decidimos facer unha ...