martes, 8 de mayo de 2018

FESTA DE FIN DE CURSO

No día de hoxe, convertemos aos nosos vagalumes en auténticos reposteiros/as.

Como está a piques de rematar o curso, decidimos facer unha pequena festa na que non poderían faltar uns ricos postres, e como a calor tamén acompaña, optamos por elaborar uns divertidos xeados.

Resultado de imagen de helados en forma de  raton

Para iso, só necesitamos:

  •  unhas bólas de xeado
  • un barquillos en forma redonda
  • unhas pepiñas de chocolate
  • campurrianas 
  • conguitos


A elaboración desta delicatesen foi moi sinxela. Só tivemos que poñer cada ingrediente no seu lugar na bóla do xeado: os barquillos nas orellas, a campurriana no nariz, os conguitos nos ollos...

Con todo isto tamén estaremos traballando o currículo da Educación Infantil, concretamente a área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, xa que con esta actividade terán que amosar que posúen un esquema corporal definido.


QUE BOÍSIMO ESTABA!!!

SAÍDA AO AIRE LIBRE



Na programación da nosa aula, pensamos que é necesario que as nenas e nenos saian e disfruten da natureza, xa que así poden aprender xogando. Un achegamento a esta permite que se poida desenvolver un certo coñecemento do medio e do entorno necesario na súa aprendizaxe. Ademais, nestas saídas, tamén fomentamos as relacións entre elas e eles.


Hoxe fomos ao Cañón do Sil. Ata alí chegamos nunha viaxe en autobús, onde as alumnas e alumnos tiveron que comportarse como lles ensinamos as mestras, séntandose adecuadamente nos asentos, sen facer moito ruido para non molestar á nosa conductora, poñendo os cinturóns, etc.


Ao chegar, os pequenos/as mostráronse moi entusiasmados ao ver o lugar onde estabamos. Pareceulles un sitio moi bonito, pois ademais de velo de lexos, tivemos a oportunidade de ir en barco polo río. Neste tamén tivemos que ter moito coidado con eles, sabendo estes que non podían achegarse moito á beira e agarrarse ben para non caer.


Os días seguintes, na aula, fixemos actividades prácticas relacionadas con esta excursión. Por exemplo, un día, os nenos, coa axuda das mestras, tiveron que construír un  mural onde se reflexara o que máis lles gustou da saída. Para realizalo víronse obrigados a chegar a un acordo cos aspectos máis sobresaíntes, xa que cada un/a tería opinións diferentes do que máis lles chamou a atención e no mural só poderían reflexar uns poucos acontecementos.

Ademais, no taller da aula, poidemos mostrarlles algúns pasos para coidar ao medio ambiente e os ríos, sen contaminar, etc.



A nosa hortiña!


Despois dunha pequena asamblea entre as nosas nenas e nenos, onde puxeron en común que podería haber nunha horta, decidimos saír ao xardín do colexio e a nosa clase facer unha pequena hortiña. Para comezar a preparación desta tomaron a iniciativa de plantar árbores e algunha planta como cebolas. Para isto, sacharon naqueles sitios onde situarían as diferentes árbores e plantas, sembráronas e posteriormente, regáronas para que comezaran a medrar canto antes.



















Esta actividade, unha vez volvemos á aula, permitíunos entrar no tema de que tipo de árbores e plantas se dan na nosa zona e cal é o froito que nos proporcionan cada unha delas.




Chegado á hora de marchar para casa ninguén quería irse sen  ver as súas árbores. A hortiña era todo un éxito do que estaban todas e todos moi orgullosos!

TALLER EMOCIONAL



Dende que nacemos, inmediatamente interactuamos co mundo que nos rodea. Esas interaccións están cada vez máis presentes, estimulando os nosos sentidos.

A medida que os nenos/as van medrando vanse dando unha serie de situacións emocionais, facendo que as diferentes emocións desempeñen un papel importante co que respecta ao desenvolvemento humano. 

Por todo isto, cremos na necesidade de que os nenos/as adquiran un aprendizaxe das diferentes emocións e tamén dos sentimentos que estas ocasionan. Para iso traballaremos a intelixencia emocional para poder identificar cada unha delas, darlle nome e ubicala dentro do propio contexto no que se de.


Resultado de imagen de el monstruo de colores


A semana pasada, na asamblea, lemos o conto do "Monstro de cores" que versa sobre un monstro que ten un gran lío na súa cabeza sobre as emocións que sente. Con este libro poderemos aprender algunha delas así como identificalas para poñerlle un nome.





Resultado de imagen de niños trabajando el monstruo de colores

Logo de ler o conto, fixemos unha actividade que consistía en que cada vagalume debuxaba aquilo que manifestaba algunha das emocións que aparecía no libro ou que el/ela sentía nese momento. 

En fronte a eles, había unha mesa cunha serie de botes. Cada un deles tiña o nome dunha emoción do conto. O obxectivo final é que cada vagalume introduza a emoción que debuxou no bote correspondente.



QUE BEN O PASAMOS!!!

viernes, 4 de mayo de 2018

Vagalume


Os vagalumes utilizan a súa luz como un mecanismo de defensa, a idea deste
blogue será que as nenas e nenos utilicen, ao igual que os vagalumes, a súa
luz que será o aprendizaxe como medio para formarse como persoas críticas
e independentes.
Para isto, aquí o que faremos será un recollida de diferentes actividades dentro
da nosa aula. Esta recolecta permitirá mostrarlle a toda a comunidade educativa
e a outras persoas alleas á mesma que tipo de actividades se poden traballar a
nivel individual ou colectivo permitindo así que as nenas e nenos poidan
desenvolver as diferentes competencias que engloba a Educación Infantil.


FESTA DE FIN DE CURSO

No día de hoxe, convertemos aos nosos vagalumes en auténticos reposteiros/as. Como está a piques de rematar o curso, decidimos facer unha ...